“Colección Romántica” leva ao Club Clavicémbalo unha proposta musical intimista

O Club Clavicémbalo acolle este sábado 14 de febreiro ás 22.30 horas o concerto “Colección Romántica”, unha proposta musical pensada para crear unha experiencia próxima e profundamente emocional.
O proxecto preséntase nun formato intimista no que o piano de David Taboada e a voz de Sergio Alba se combinan para dar vida a unha selección moi coidada de temas asinados por grandes artistas de diferentes latitudes.
Cada interpretación está tratada con especial mimo, buscando que o público conecte directamente coas letras e as melodías, nunha viaxe musical que convida a deixar fluír as emocións.