Combo Dominicano, Suavecito e Dinastía estarán nas festas de Coeses, en Lugo

LugoXa
A parroquia de Coeses presenta o cartel das súas festas na honra a Santa María Magdalena que celebrarán con churrascada popular, sesións vermú e verbenas
festas-fogos-artificio-patronais
Foto recurso
7 Xul 2024

A parroquia de Coeses presenta o cartel das súas festas na honra a Santa María Magdalena, que celebrarán do 19 ao 21 de xullo. A romaría arranca o día 19 ás 22.30 horas con churrascada popular seguida de vebena da man de Suavecito. O sábado haberá misa solemne a partir das 13.30 horas, procesión e sesión vermú coa orquestra Super Top.

Esta formación tamén amenizará a festa pola noite, xunto co Combo Dominicano. O último día, o domingo 21, os asistentes contarán con misa solemne, sesión vermú e verbena coa orquestra Dinastía.

0.19139409065247