Comercios de Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday
Corenta establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday que o colectivo empresarial celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro.
Desde a presidencia de Acisa, Francisco Iriarte, explicou que “como ben sendo habitual Acisa celebra o Black Friday, con grandes descontos. Nos 40 establecementos poderemos atopar multitude de ofertas, descontos que van dende o 5, 10, 15, 20, 30, 50 e hasta o 70 %. Ofertas de 3x2 en artigos seleccionados, vales regalo para gastar no Nadal; produtos regalo, etc…”.
Iriarte contou que “este ano contamos cun maior numero de participantes de todos os sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, roupa deportiva, calzado, mercerías e lencería, tallas grandes, xoiaría, bebés, papelaría, librarías, xogueterías, complementos ou agasallos”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “dende Acisa buscamos formas diferentes de celebrar o Black Friday e os nosos asociados axúdannos a conseguilo, premiando as compras con vales regalo para gastar no Nadal; creando así incentivos para mercar durante as vindeiras semanas, as de maior consumo de todo o ano. Ademais tamén desde a asociación sacámoslle proveito aos domingos, xa que en moitos sitios o domingo xa non se celebra o Blak Friday por que non se abre, pero en Ribadeo si, algo co que marcamos a diferenza.”
Pérez engadiu que “estes descontos e promocións, estamos seguros que chamarán a atención dos clientes e farán que desfruten do Black Friday no comercio da nosa vila, sen ter que recorrer áss plataformas de venta on-line. Como sempre facemos, tamén co Blcak Friday, queremos recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, para que a nosa vila siga manténdose viva.”
Os 40 establecementos que dan cita no Black Friday en Ribadeo son: Fauna, R23, Bora Bora, Deportes Docobo, Sendín, Ginzo Hombre-Mujer, Hola Ola Surf, Hola Ola Street, Opticalia, Beep Ribadeo, Bis a Bis, Siñeiro Hogar, Óptica Carreira, Xeito, Bimba 13, Nina, La Moda Hombre, Phone House, Lencería Manuela Torviso, Saia, La Moda Sport, Trece Eventos, Sanjurjo, Esprit, Terra Branca, Castillo Pesca, Mika, Platería Gutié, Glass, Pequerrechos, Naná, Farfala, Anaís, La Moda Mujer, La Moda Básico, Mercería Vizcaya, Adele, El Mundo del Pintor, Boutique Valentina y Del Río.