Comeza a construcción dunha senda peonil na estrada Lu-612 ao seu paso por Mougán

LugoXa
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de construción dunha senda peonil na estrada LU-612 ao seu paso por Mougán, no concello de Guntín, ás que destina 45.
Senda peonil Mougán Guntín
Senda peonil Mougán Guntín
11 Out 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de construción dunha senda peonil na estrada LU-612 ao seu paso por Mougán, no concello de Guntín, ás que destina 45.581 euros.

Os traballos teñen por obxectivo mellorar a seguridade viaria mediante a separación física do tráfico de vehículos e do tráfico peonil, dándolle continuidade ao itinerario para peóns xa existente.

A actuación desenvolverase en dúas fases e nesta primeira vanse habilitar 175 metros de senda na contorna da igrexa parroquial de Mougán, cun ancho de 1,8 metros.

Para iso, levarase a cabo a demolición do pavimento actual para proceder á pavimentación das beiravías con 25 centímetros de zahorra e 15 de formigón reforzado con mallazo.  Tamén se colocará bordo prefabricado de formigón de 22x15 centímetros e bordo exterior de delimitación en toda a lonxitude da senda.

Antes da execución do pavimento, prevese a canalización da drenaxe e a execución de 5 pozos de rexistro con sumidoiro para a recollida de augas pluviais. Tamén se prevé a canalización do alumeado público coas súas arquetas correspondentes.

0.2004280090332