Comeza a novena edición do FACELA Fest, o festival de música independente de Lugo

LugoXa
O seu cartel mantén a aposta por bandas icónicas da escena independente, con nomes como The Undertones, entre outros
Facela-Fest-2024
9 May 2025

O Facela Fest de Lugo, o festival independente lucense, comezou este xoves coas actuacións de Black Ends e Pladür no Club Clavicémbalo.

O evento, que conta coa colaboración da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e o Concello, ademais de outras entidades, acollerá este venres 9 e sábado 10 una cuidada selección de artistas nacionales e internacionales que llenarán de energía sus escenarios.

Así, hoxe, 9 de maio, o exterior do Auditorio Gustavo Freire será o escenario do Festival, que desde as 19.30 horas acollerá as actuacións de Jade4, Christina Rosenvinge, Moloch, Stompin'Rifraffs, Margaritas Podridas e Terror Erótico.

Pola súa parte, o 10 de maio pola mañá actuarán Marcelo Criminal, As Ánimas e Las Petunias nos Xardíns do Pazo San Marcos, pero se chove a actividade trasladarase ao soto da Praza de Abastos. Xa pola tarde, de novo no exterior do auditorio Gustavo Freire actuarán Los Revelators, The Undertones, Kokoshca, Grande Amore, VVV [Trippin'You] e Lorahacepam!

⚙ Configurar cookies
0.1916069984436