Comeza a tempada de Nadal na Praza de Abastos e no Mercado Municipal

LugoXa
O acendido contou coa animación musical da Foliada de Bosende e cunha degustación de productos procedentes de distintos postos da Praza.
nadal praza abastos
nadal praza abastos
24 nov 2021

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou o inicio da campaña de Nadal na Praza de Abastos e no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros, co acendido das luces de Nadal de ambas instalacións. Cristina López afirmou que "co alumeado de Nadal queremos convidar á veciñanza de Lugo a que se achegue á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal e que coñeza os produtos de primeira calidade que se venden nestas dúas instalacións históricas".

O acto de acendido contou coa animación musical da Foliada de Bosende, e a área de Participación organizou unha degustación productos dos distintos postos da Praza aberta a toda a veciñanza.

A Praza e o Mercado contan en total con 60 elementos decorativos, 14 arcos de luces no interior, 2 arcos na entrada da Praza e unha árbore central de 5 metros de altura. En total, o alumeado conta con 124.092 leds repartidos entre ambas instalacións.

Ao alumeado xa instalado no interior da Praza, sumarase o alumeado ornamental da cidade, que está actualmente en proceso de contratación, e que na contorna da Praza e do Mercado contará con 8 arcos (5 en Quiroga Ballesteros e 3 en Santo Domingo) e unha figura en 3D na contorna da Praza.