Comeza a terceira edición do curso sobre psicoloxía deportiva da UNED de Lugo
LugoXa
Nesta actividade darase a coñecer unha disciplina relativamente nova e con moita proxección de futuro
20 Oct 2024
Abren as inscricións para a terceira edición do curso sobre psicoloxía deportiva da UNED de Lugo. Nesta actividade darase a coñecer unha disciplina relativamente nova e con moita proxección de futuro, como é a Psicoloxía deportiva. Os asistentes poderán aprender diversas técnicas empregadas na Psicoloxía Deportiva para optimizar o rendemento dos e as deportistas e nesta terceira edición, como novidade, darase a coñecer o traballo dun psicólogo en categorías formativas, non só se tratará o traballo no alto rendemento. Será impartido por Denís Fernández Valcárcel, psicólogo deportivo e realizarase online ou presencial, do 21 de outubro ao 18 de novembro, de 17.00 a 19.00 horas.