Comeza en novembro en Ourol un curso de labores

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 Oct 2019

No concello de Ourol, onde non hai asociación de amas de casa, aínda que si as hai doutros tipos, dende o Concello veñen de programar, xa que tamén apreciaron certa demanda sobre esta formación, un curso de labores e manualidades que comeza o 4 de novembro.

A clase do día 4 terá lugar de 17.30 horas a 19.30 na casa da cultura e alí se lles informará das seguintes ás persoas inscritas.

Para anotarse, convén facelo ata este mesmo día 28 de outubro xa que hai prazas limitadas preguntando pola responsable de servizos sociais do Concello ou chamando ao teléfono 982.559 019. Tamén informa a biblioteca municipal de Ourol sobre esta formación.

0.17295908927917