Comeza en xullo a segunda edición dos concertos Muralleando

LugoXa
Xa foi presentado para a Veciñanza a segunda edición do ciclo de concertos Muralleando, que este ano terá lugar na carpa da praza da Soidade.
lacoon con grelos concerto
25 Xul 2021

Xa foi presentado para a Veciñanza a segunda edición do ciclo de concertos Muralleando, que este ano terá lugar na carpa da praza da Soidade, e contará con 12 grupos de Lugo de distintos estilos. O obxectivo é o de animar con música os distintos paseos das veciñas e veciños ao redor da Ronda da Muralla e ao mesmo tempo colaborando co tecido cultural local.

O Muralleando 2021 terá lugar a partir das 20.30 dos venres e sábados entre o 30 de xullo e o 11 de setembro, e cada día contará cun grupo local, tratando de achegar distintos xéneros. O acceso aos concertos será libre ata completar a cabida do recinto.

A área de Cultura complementa co Muralleando 2021 a programación cultural do verán, que continúa nas tardes dos xoves co ciclo Tarde e Tardiña na Canella do Hospital, e que cada xornada trae un espectáculo para público familiar e un recital de poesía que conta con varias das mellores voces da poesía galega contemporánea acompañadas de música. Ademais, durante os domingos celébrase na praza Maior a Mostra de Vellos Oficios Artesáns, que trae cada día a dous artesáns para facilitar o coñecemento dos oficios a través da vivencia en directo e do facer das e dos artesáns.

Entre algún dos artistas que participará no programa atópase Airiños da Freba, Fruit Juzz, Wicked World, Funkombo, Muddy Doll, Lacón con Grelos Blues Band e Tango en Xaneiro, entre outros.

0.20542192459106