Comeza no día de mañá o plan de roza no rural

LugoXa
Os traballos comezarán en Orbazai, Tirimol, Bosende e Piúgos e se estenderán a todas as parroquias do municipio.
tractor roza cunetas
22 Jun 2021

Mañá mércores dará comezo o plan de roza no rural. Así pois, as actuacións realizaranse de forma simultánea nas parroquias de Orbazai, Tirimol, Bosende e Piúgos e, a continuación, levaranse a cabo nas zonas limítrofes ata completar a totalidade dos núcleos. 

Miguel Fernández, responsable da área de cohesión territorial, indicou que "as tarefas consistirán na limpeza mecánica e manual da maleza polas dúas marxes da vía, alcanzando a paseos, gabias e noiros contiguos, ben en terraplén ou en desmonte e incluso as pólas das árbores ata obter un gálibo libre que permita circular con seguridade polas estradas ou camiños”.

Ademais, lembrou que a altura máxima de calquera tipo de vexetación, despois da sega, non deberá superar nunca os sete centímetros. “Así mesmo, tamén se acondicionarán os campos da festa, explanadas ou prazas que sexan públicas”. 

O tenente de alcaldesa sinalou que os labores se completan coa roza de camiños e pistas forestais, “que se realiza durante todo o ano con maquinaria do Parque Móbil municipal, de maneira que non só tratamos de mellorar as comunicacións viarias e a comodidade das e dos condutores, senón que tamén contribuímos a previr incendios”. 

O edil recordou que o investimento do Concello neste plan de roza alcanza os 107.064 euros “cos que, en definitiva, pretendemos mellorar a calidade de vida da veciñanza que reside no rural”, concluíu. 

plan roza trator

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18650698661804