Comeza o graffiti Fusión de Melloras no centro Maruja Mallo de Lugo
Comezou a elaboración do graffiti Fusión de melloras, que se executa no muro do centro de convivencia Maruja Mallo, coa que se quere visibilizar o Lugo máis social.
O mural realízao Daniel Fernández, gañador do certame O corazón de Lugo, que foi organizado polo Concello lucense en colaboración coa Federación de Asociacións do Ámbito Social de Lugo (Fadas), cuxa representante, Ana María Bereciartúa, estivo presente tamén no inicio da obra de arte urbana.
Con este concurso, quérese enxalzar o traballo realizado polas asociacións que forman o terceiro sector de acción social de Lugo ao tempo que se realiza un chamamento á cidadanía para que se acorden das iniciativas que desarrollan estos colectivos.
A obra gañadora amosa toda a axuda que brinda cada unha das persoas voluntarias das asociacións (de aí as mans abertas), unha función que toda a cidadanía debería apoiar. De aí a cabeza aberta, que se pecha grazas a esas mans que a están unindo para estar todos ao mesmo: axudar. A cabeza da muller representa a todo o mundo, xa que sen as mulleres non se podería nacer e as flores e follas son unha pequena parte representando a natureza.
O xurado elexiu 3 obras aos que se lles outorgou 1000 euros para o primeiro premio e a realización da obra, 500 euros ao segundo premio e 200 euros ao terceiro premio. Ao resto de obras preseleccionadas, Fadas concedeulles un vale de compra de materiais por valor de 100 euros.