Comeza o I Concurso de tapas de Becerreá

LugoXa
O Concello da Fonsagrada acollerá do 27 de xuño ao 1 de xullo o décimo Concurso de Tapas no que participan os establecementos da localidade.
tapas pontenova semana santa 2022 11
1 Dec 2023

Becerreá prepara para os vindeiros 1, 2 e 3 de decembro o seu primeiro concurso de tapas, co fin de incentivar, segundo o Goberno municipal, "o bo facer culinario dos cociñeiros locais”.

Con esta cita, buscan tamén contribuír e potenciar a actividade do sector de restauración do municipio pois participan 12 establecementos hostaleiros.

O evento celebrarase o venres 1 de decembro de 19.30 a 23.30 horas e o sábado 2 e domingo 3 de 12.30 a 15.30 e de 19.30 a 23.30 horas. Cada establecemento presentará unha tapa a concurso á que se lle dará un nome e cuxo prezo será de 3 euros.

Os clientes consumidores das tapas serán os encargados de elixir aos locais gañadores cos seus votos. Na valoración das tapas, terase en conta o mellor sabor e a mellor presentación.

0.16370892524719