Comeza un novo curso de cerámica organizado por Vicepresidencia da Deputación nas Regas

LugoXa
A iniciativa busca manter vivos os oficios tradicionais e dinamizar a vida asociativa nas parroquias de Lugo
ceramica-curso-as-regas
12 Apr 2026

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, visitou As Regas onde vén de comezar un novo curso de cerámica organizado pola área de Participación do Concello de Lugo en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación.

As persoas asistentes terán a oportunidade de achegarse ás técnicas básicas da elaboración de pezas de cerámica, recibindo formación teórica, e tratando temas como o recoñecemento dos materiais necesarios, a aprendizaxe de métodos para realizar distintas pezas ou a elaboración de acabados.

"Estamos a comprobar como estes cursos non só transmiten coñecementos, senón que tamén fortalecen o tecido comunitario e animan á veciñanza a participar activamente", destacou López, quen engadiu que "é unha forma de apoiar ás asociacións e continuar a achegar coñecementos á veciñanza".

0.12667512893677