Comezan as actividades de verán no Concello do Vicedo
Comezan as actividades de verán no Concello do Vicedo que inclúen rutas, kayaks, circo e charlas.
Esta primeira actividade será o 5 de agosto e será unha ruta de sendeirismo pola ribeira do Bispo-Refuxio de Auga Caída, e fará a súa saída ás 9.30 horas dende a Casa da Cultura e son 12 quilómetros de fermosa ruta.
O venres 7 ás 21.30 horas na Casa da Cultura haberá unha charla encontro con 24 instumentos musicais galegos. Unha viaxe de tradición polos máis emblamáticos instrumentos como gaitas, zanfonas e acordeóns. Está a cargo de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero.
A seguinte ruta tamén inclúe kayaks, e será o 12 de agosto ás 10 horas pola Ponte Ulló- Morgallón-Ribeiras do Sor, uns 10 quilómetros, e despois os kayaks sairán dende as Ribeiras do Sor ata o Vicedo. Esta actividade ten un prezo de 17 euros.
O día 13 de agosto será a entrega de premios do concurso de fotografía no que se proxectarán as imaxes participantes. Será na Casa da Cultura ás 21 horas.
O sábado 15 será a subida do río Sor en kayaks con saída dende o peirao do Vicedo e regreso en furgonetas. Esta actividade ten un prezo de 17 euros e durará unhas dúas horas.
O mércores día 19 será a primeira das xeorutas pola costa do Vicedo, praia de Area Grande e Xilloi, e terá a súa saída ás 10.00 horas en San Román.
O xoves 20 de agosto o Circo Chosco visitará a Casa da Cultura ás 20.00 horas para amosar humor, maxia, acrobacias e moitas risas aos veciños. O seu espectáculo está inspirado no incrible mundo do Principiño de Antoine de Saint-Exupery.
Xa por último, o 26 de agosto ás 10.30 horas será a derradiera baixada en kayaks polo río, no que o punto de encontro será no desde o porto do Vicedo ata Ribeiras do Sor en furgoneta para despois coller as embarcacións e baixar o río Sor. Esta actividade durará dúas horas e ten un prezo de 17 euros.
As persoas interesadas en informarse e apuntarse as actividades poden facelo chamando ao teléfono 982 59 01 95.