Comezan as actividades sobre medio ambiente no Centro Terras do Miño

LugoXa
Ponse en marcha unha nova programación que inclúe cinco actividades gratuítas para fomentar o ocio saudable nos veciños e veciñas de Lugo.
31 May 2021

A Deputación de Lugo pon en marcha, a través do Servizo de Medio Ambiente, unha nova programación que inclúe cinco actividades gratuítas para fomentar o ocio saudable nos veciños e veciñas da provincia na contorna da Reserva da Biosfera Terras do Miño, un territorio xestionado pola propia institución provincial. Estas propostas levaranse a cabo dende o 31 de maio e rematarán o 9 de xullo e están pensadas para o público en xeral, para adultos ou para nenos de 5 a 12 anos.

As actividades levaranse a cabo no Centro de Interpretación Terras do Miño, un espazo situado no paseo do Rato.

A primeira proposta será a Elaboración de Conservas Artesanais e aproveitamento de Recursos, que se levará a cabo dende hoxe, 31 de maio ao 4 de xuño. As vindeiras actividades permitirán buscar rastros, ampliar o coñecemento no cultivo de plantas en testos ou realizar actividades infantís para coñecer o entorno da Reserva da Biosfera Terras do Miño. O programa remata en xullo cunhas Xornadas de Divulgación Científica e Educación para os máis pequenos.

As inscricións xa están abertas. Debido ás actuais restricións sanitarias, o número de prazas por actividade é de 8 persoas e os interesados e interesadas en participar deberán inscribirse na páxina web da institución provincial: http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/actividades-medioambientais. As persoas interesadas poden recibir máis información na web da institución provincial, no teléfono 982.305.930 ou no correo und.medioambiente@deputacionlugo.org

Programa completo

O primeiro obradoiro é de Elaboración de Conservas Artesanais e aproveitamento de recursos e desenvolverase dende o día de hoxe, 31 de maio, ao 4 de xuño. A actividade está dirixida a adultos e o horario é de 10:00 a 14:00 horas.

O segundo obradoiro chámase Cultivo de plantas en testos: Elixindo os substratos, aprendendo a regar e fertilizar e será do 7 ao 11 de xuño. O evento está dirixido a adultos e o horario é de 10.00h a 14.00h.

O último obradoiro dirixido a adultos será Rastros, pegadas e sinais dos animais que nos rodean, que se realizará dende o 14 ao 18 de xuño e terá tamén horario de 10.00h a 14.00h.

En canto as actividades dirixidas a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, a primeira que se desenvolverá será unha actividade do entorno medioambiental da Reserva da Biosfera Terras do Miño e celebrarase do 23 ao 25 e do 28 ao 30 de xuño, en horario de 10.00h a 14.00h.

Finalmente, do 1 ao 2 e do 5 ao 9 de xullo levaranse a cabo xornadas de divulgación científica e educación, unha actividade que tamén está dirixida a nenos e nenas de 5 a 12 anos en horario de 10.00h a 14.00h.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19284296035767