Comezan as festas de Bacoi en Alfoz cunha churrascada para cear a noite do mércores

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
As festas de Bacoi, en Alfoz, na honra da Nosa Señora, comezan este mesmo mércores, 14 de agosto e continúan ao día seguinte.
70231469_2456909094528413_4451189326868381696_o
14 Aug 2019

As festas de Bacoi, en Alfoz, na honra da Nosa Señora, comezan este mesmo mércores, 14 de agosto e continúan ao día seguinte. Nesta primeira xornada, ás 21.30 horas, a festividade iniciaráse cunha gran churrascada que virá logo amenizada polo dúo Epo-k e por Merengue.

Xa o xoves, 15 de agosto, trala misa solemne e a procesión das 13.30 horas, os alfocenses disfrutarán cunha sesión vermú a cargo da orquestra Fin de Sigo que volverá a subir ao escenario na verbena das 22 horas.

O Concello de Alfoz e a Deputación de Lugo colaboran coa directiva da asociación de veciños de Bacoi, para organizar estes festexos.

0.16608786582947