Comezan as obras da estación base en Estelo-Tronceda en Mondoñedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
16 Feb 2020

A zona rural precisa dispoñer de infraestruturas de comunicación que non sexan de condicións inferiores ás que se poden disfrutar nos ámbitos urbanos. En Mondoñedo comezan uns traballos que mellorarán de maneira decisiva a cobertura de telefonía móbil nunha parte do territorio municipal. Concretamente, acaban de empezar as obras para instalar o repetidor de telefonía móbil, no marco do Plan de Extensión de Banda Ancha da Xunta de Galicia, en Estelo de Tronceda, en Mondoñedo.

A instalación do repetidor faise mediante acordo de colaboración entre Telefónica Móviles España co Concello de Mondoñedo e coa Comunidade de Montes Veciñais de Estelo e Tronceda. Telefónica resultou adxudicataria no seu momento da subvención para a extensión das redes de acceso de banda ancha no rural galego, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional, dentro da liña estratéxica de desenvolvemento de infraestruturas do Plan Director de Banca Ancha de Galicia 2010-2013, aprobado polo Consello da Xunta o 18 de febreiro de 2010.

O presuposto de execución destas obras ascende a 9.844,46 euros. A actividade que realizará esta estación base de telefonía móbil e a de recepción-transmisión de sinais radioeléctricas, destinadas a telefonía móbil. A estación base está constituída por unha torre de celosía, de 25 metros, sobre a que se montarán unicamente os equipos de radio e antenas.

Coa posta en servizo desta estación mellorará a cobertura nunha ampla zona do municipio no entorno de Estelo-Tronceda.

Por outro lado, o Concello solicita a adhesión ao convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), a través da Fegamp, para a mellora da cobertura da telefonía móbil en Figueiras e zonas de Santa María Maior, nas que non hai, ou apenas hai cobertura actualmente.

0.1839919090271