Comezan as obras de creación dunha plataforma única na Escalinata dos Paxariños

LugoXa
A Tenencia de Alcaldía traballa para aumentar o espazo peonil e os espazos de convivencia veciñal
obra-escalinata-dos-paxarinos
28 Feb 2026

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron a Escalinata dos Paxariños, onde veñen de comezar as obras para transformar este espazo "nunha nova plataforma única que permita a creación dun novo espazo de convivencia, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e fomentar a participación cidadá na definición dos espazos públicos", explicou Rubén Arroxo.

A Tenencia de Alcaldía traballa para aumentar o espazo peonil e os espazos de convivencia veciñal. Arroxo destacou que a área de Mobilidade busca crear "un novo espazo referencial para a convivencia nas rúas do barrio", e lembrou que a área de Mobilidade traballa en construír "unha cidade na que calquera persoa, independentemente de onde resida, teña a menos de 5 minutos unha zona de estar ao aire libre. "

Logramos avanzar moito con peonalizacións nos distintos barrios, convertendo carrís innecesarios en beirarrúas amplas e creando novos espazos verdes e zonas de convivencia, como faremos neste punto de Fontiñas", afirmou Arroxo, que destacou a importancia de atender ás reclamacións veciñais e animou á cidadanía a facer chegar as súas propostas ao Concello, sinalando que "a información recollida, xunto coas visitas periódicas aos barrios, permítenos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar".

0.1188268661499