Comezan as obras de mellora no Hospital Universitario Lucus Augusti

LugoXa
Empiezan las obras de mejora en el Hospital Universitario Lucus Augusti tras finalizar las realizadas en el acceso de Calde en Lugo.
hula hospital lugo
hula hospital lugo
29 Abr 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade xa completou a renovación do firme nos accesos ao hospital de Calde, en Lugo, e comeza a executar as melloras no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Ambos proxectos forman parte do contrato para acondicionar accesos aos centos hospitalarios da provincia de Lugo, incluídos os de Monforte de Lemos e Burela, que conta cun orzamento de 486.000 euros.

Os traballos no Hula consistirán na mellora do firme mediante a extensión dunha nova capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente no exterior da zona de Urxencias. O espazo de actuación corresponde cos viarios e o aparcamento desta área, que ocupa unha superficie pavimentada de 6.413 metros cadrados.

O delegado afirmou que está previsto concluír a intervención a finais da próxima semana, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

No caso de Calde, as obras están finalizadas e unicamente queda pendente completar a sinalización. Ademais de reforzar o firme nos accesos e na zona sur, reservada para aparcamentos, o proxecto incluíu a mellora dos separadores vexetais en mal estado. Para iso, proxectouse a retirada e posterior reposición da capa de terra vexetal e a plantación de céspede. Ademais, colocouse un bordo de formigón en todo o perímetro.

Tamén se habilitou un pequeno itinerario peonil no acceso ao hospital para facer máis seguro o tránsito a pé. A zona de actuación nesta infraestrutura sanitaria ocupa unha superficie total de 10.155 metros cadrados.

Estes proxectos teñen por obxecto corrixir o deterioro dos pavimentos e incorporar novos elementos para facer máis cómodo e seguro o tráfico rodado e os desprazamentos dos peóns.

0.19333815574646