Comezan as obras de renovación da rede de saneamento e abatecemento na rúa Arribada de Celeiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa do inicio das obras  para a reposición e mellora de rede de saneamento, rede de pluviais e abastecemento de auga na rúa Arribada de Celeiro.
69297695_2409633372413109_5210205044158234624_o
28 Sep 2020

O Concello de Viveiro informa do inicio das obras  para a reposición e mellora de rede de saneamento, rede de pluviais e abastecemento de auga na rúa Arribada de Celeiro.

A rúa Arribada, que é o principal acceso de comunicación á rúa Grande, presenta un trazado sinuoso e a tipoloxía das edificacións que a flanquean confírenlle unha singularidade especial, mantendo a día de hoxe o aspecto dun asentamento tradicional mariñeiro.

O obxecto deste proxecto é a reposición da pavimentación da rúa Arribada en toda a súa lonxitude, así como a mellora de todos os servizos urbanos e a restructuración integral do mesmo, co obxectivo de garantir a funcionalidade e mellorar a calidade visual e urbana do contorno.

As actuacións que se pretenden realizar consisten en aumentar a sección dos tubos que forman a rede de evacuación de augas residuais; dotar a este tramo do vial dunha rede separativa de pluviais; aumentar a sección da rede de suministro de auga potable, e así garantir o bo servicio da instalación; o soterramento de instalación de alumeado público, e a demolición do pavimento actual de formigón, para colocar losetas de granito gris abullardado, seguindo o mesmo criterio que se está utilizando para o resto do núcleo de Celeiro.

Esta obra, cun presuposto de contrata de 101.929,21 euros, é subvencionada polo Fondo de Compensación Ambiental 2020, que financia o importe de 92.317,61 euros, correspondendo á aportación municipal o importe restante, por un total de 9.611,60 euros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1950159072876