Comezan as obras de reparación do firme na rúa Fermín Rivera

LugoXa
A actuación permitirá mellorar a seguridade do tráfico mentres se avanza cara a unha reforma integral da vía
obras-Fermín-Rivera-Lugo
19 Mar 2026

O Concello de Lugo iniciou as obras de reparación do firme na rúa Fermín Rivera, unha intervención destinada a mellorar o estado da calzada e reforzar a seguridade tanto do tráfico rodado como dos peóns.

Para executar os traballos, procedeuse ao acoutamento e sinalización de distintos treitos da vía, aínda que non foi preciso realizar cortes de tráfico nin interromper a circulación de vehículos. Esta actuación compleméntase con outra intervención recente levada a cabo polo propio Concello, consistente na limpeza dos colectores de saneamento mediante camións de gran potencia, encargados de lavar e retirar os residuos acumulados.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, supervisou o inicio das obras e explicou que o obxectivo principal é reparar as fochancas existentes ao longo da calzada, garantindo así unha mellor seguridade para usuarios e peóns.

O rexedor municipal sinalou ademais que esta actuación permitirá manter a rúa en condicións operativas ata o comezo da súa mellora integral, un proxecto que o Concello prevé desenvolver en colaboración coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

0.12124681472778