Comezan as xornadas 'Á procura do pasado para armar o futuro: o rural e as institucións da memoria'

LugoXa
A iniciativa ten a finalidade de crear un foro de reflexión e de coñecemento da memoria rural entendida como memoria individual, colectiva, social, histórica, cultural e compartida
xornadas-o-vello-cárcere-rural-pasado-e-futuro
29 Nov 2024

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo, María Cristina López, dará a benvida a todos os asistentes ao acto inaugural das xornadas 'Á procura do pasado para armar o futuro: o rural e as institucións da memoria' que comezarán ás 10.15 horas deste venres, 29 de novembro, no Centro Sociocultural O Vello Cárcere de Lugo.

Pedro López, presidente da Fundación Olga Gallego, e Olimpia López, presidenta de BAMAD GALICIA, presiden este acto cuxa conferencia inaugural, 'Restos e rastros, os arquivos na ficción', corre a cargo do escritor Brais Lamela.

'Á procura do pasado para armar o futuro: o rural e as institucións da memoria', que organizan la Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (BAMAD Galicia), a Fundación Olga Gallego e o Concello de Lugo, ten a finalidade de crear un foro de reflexión e de coñecemento da memoria rural entendida como memoria individual, colectiva, social, histórica, cultural e compartida das persoas, do territorio, das pérdidas, dos descubrimentos, dos conflictos, dos encontros, das que marcharon e das que chegaron, que nace do pasado, amarra o presente e mira cara o futuro.

Unha memoria na que os archivos, as bibliotecas e os museos actúen como axentes que participen da comunidade para consolidar a memoria campesina que recupere vínculos e que restaure, cree e volva imaxinar proxectos que resignifiquen o rural. 16 actividades que poñen en valor a importancia dos archivos, bibliotecas e museos como garantía da memoria, sobre todo no rural. As xornadas estructúranse en tres centros de interés, cada un deles ocupará unha sesión.

Así, a mañá do venres 29 xirará en torno a Outras Memorias, con respostas realizadas dende a sociedade civil con maior ou menor apoio institucional; a sesión da tarde centrarase nas Institucións e Memoria, co papel das entidades públicas; e a sesión do sábado 30 estará adicada a Investigación e Participación, con proxectos desenvoltos dende a academia, as institucións públicas e outras entidades da sociedade civil.

Nos dous días das xornadas, O Vello Cárcere acollerá a 16 ponentes representando un total de 14 entidades, que tratarán a importancia de adaptar as técnicas propias e incorporar novos enfoques nas estructuras e nos procesos de traballo de arquivos, bibliotecas e museos, colaborando coas iniciativas que xorden da comunidade para conservar a memoria non vinculada ao poder, á propiedade ou á xerarquía.

As xornadas buscan dar resposta ás necesidades de novas perspectivas de investigación e ás novas demandas de información, construír un novo marco que encadre aos centros da memoria como institucións que conserven unha representación da sociedade máis xusta e equitativa.

"Os arquivos, as bibliotecas e os museos son centros que custodian a nosa memoria e, como entidades públicas ó servicio da nosa sociedade, reflexan os intereses das institucións que as crean. Deste xeito, será obxecto destas xornadas visibilizar as realidades diversas daqueles territorios que non desfrutan do privilexio de estar no foco dos medios de comunicación nin das políticas públicas, e que se manteñen grazas ó esforzo constante de persoas que apostan por pór en valor a súa riqueza patrimonial e social. No fondo procuran preservar e divulgar a realidade humana en territorios menos favorecidos, aproveitar a diversidade que esos lugares ofrecen para contribuir a pór no mapa as súas problemáticas, pero tamén construír ferramentas de dinamización que loiten contra a problemática do abandono, a dispersión, a soidade, o envellecemento e a despoboación. Para elo será necesario pensar en como adaptar as técnicas propias e incorporar estes enfoques nas estructuras e nos procesos de traballo de archivos, bibliotecas e museos; como colaborar cas iniciativas que xorden da comunidade para conservar esa memoria non vinculada ó poder, á propiedade ou á xerarquía. Como dar resposta ás necesidades de novas perspectivas de investigación e a novas demandas de información. En definitiva, como podemos construír un novo marco que encadre os centros da memoria como institucións que conserven unha representación da sociedade máis xusta e equitativa. Para acadar isto, o traballo realizado polas instituciones da memoria debe ser fundamental", destacan.

0.15058898925781