Comezan en Antas os "Diversábados"

LugoXa
Comezan os Diversábados en Antas con xogos e actividades para nenos e nenas organizado polo Concello de Antas de Ulla.
Antas Sabado portada
22 Xul 2022

Comezan os Diversábados en Antas con xogos e actividades para nenos e nenas os días 23 de xullo, 30 de xullo, 6 de agosto e 13 de agosto organizado polo Concello de Antas de Ulla. Mañá na praza do Concello, en horario de 19:00 a 21:00 os mais pequenos poderán desfrutar da festa da espuma e de un obradoiro de pulseiras.

Os vindeiros sábados haberá actividades como un taller de imáns ou de chaveiros e unha festa da auga e tódolos sábados para acompañar un carriño de lambetadas. Será sempre na praza do Concello en horario de 19:00 a 21:00.

0.1250319480896