Comezan en Foz as obras de balizamento das principais avenidas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Nov 2019

O luns, 4 de novembro, empezarán as obras para mellorar o balizamento e a sinalización horizontal e vertical das rúas focenses Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña.

O alcalde, Fran Cajoto, informa do inicio deses traballos e pide aos veciños que desculpen as molestias que se van causar. Ademais solicita que “teñan precaución durante as súas circulacións por esas rúas para poder compatibilizar da mellor maneira o tránsito normal coas obras”. 

Os traballos, que foron adxudicados polo Concello de Foz á empresa Señalizaciones y Balizamientos de Galicia SA,  consisten na disposición de pasos de peóns, reforzo da sinalización horizontal e vertical e colocación de bolardos como elementos de defensa para reducir o risco de atropelos.

0.1635799407959