Comezan esta tarde os traballo de mellora do firme en San Marcos

LugoXa
A mellora, que implica o corte temporal do tráfico nesta rúas, está planificada para que se execute entre as 20.00 e as 02.00 horas
RUA-SAN-MARCOS-OBRAS-CENTRO
Rúa San Marcos
10 Xuño 2024

O Concello de Lugo levará a cabo esta noite unha mellora do firme en San Marcos. O obxectivo desta intervención é garantir a seguridade do tránsito tanto dos vehículos como das e dos peóns. Os traballos consisten no arranxo dos danos existentes no pavimento. A planificación dos arranxos contempla o nivelado da capa de rodadura con formigón rápido que será cuberto con pranchas de ferro durante un período 48 horas para garantir o seu correcto fraguado. Esta intervención ten un carácter provisional, xa que a medida que avance o proxecto Corazón Verde, unha vez eliminado o tráfico que agora asumen estas vías, colocaranse lousas de nova factura que substitúan ás afectadas.

A mellora, que implica o corte temporal do tráfico nesta rúas, está planificada para que se execute entre as 20.00 e as 02.00 horas, aproveitando así a redución do tráfico nesta franxa horaria e co obxectivo de causar as menores molestas posibles, tanto ao conxunto da cidadanía como aos sectores hostaleiro e comercial.

Os residentes e persoas usuarias de vehículos que precisen acceder ao garaxe particular situado nesta rúa, poderán facelo por distintas vías segundo a zona onde se estea a traballar nesa franxa horaria. Deste xeito, cando se estean executando os traballos nos tramos máis próximo a praza de Santo Domingo, accederán, entrando dende Bispo Odoario, a través da rúa Bolaño Rivadeneira no sentido contrario ao habitual de marcha. A Policía local garantirá o acceso en todo momento. Así mesmo, a saída realizarase polas rúas Bolaño Rivadeneira-Quiroga Ballesteros-San Fernando.

Pola súa banda, cando se estean executando as obras na zona máis próxima á praza do Ferrol, accederán e sairán do garaxe por Teatro e Santo Domingo coa presencia de axentes que regule a situación. En total, durante o desenvolvemento do operativo, estarán dedicados a este labor catro axentes en exclusiva.

0.20629501342773