Comezaron as obras de acondicionamento do Xulgado de Paz temporal de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
21 Xan 2020

Iniciaronse as obras de acondicionamento do local propiedade da Xunta situado na rúa Clemente Martínez Pasarón para albergar de forma temporal o Xulgado de Paz e que suporán “un investimento de 41.800 euros”.

Tratase dunha medida temporal porque, nun futuro, o Xulgado de Paz ribadense será emprazado na coñecida como Casa da antiga Telefónica unha vez que o Concello merque a propiedade e realice as obras necesarias.

Os xulgados de paz son servizos compartidos entre a Xunta e os concellos e ás entidades locais correspóndelles achegar e conservar os locais e ao Goberno galego dotalos de persoal.

As obras, financiadas pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, consistirán en traballos de albanelería, fontanería e electricidade que permitan habilitar un arquivo, aseo e dúas oficinas. Deste xeito, permitirase mellorar as condicións de traballo do persoal e tamén a atención aos usuarios.

O inmoble, que pertence ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, dispón de 62 metros catros nun novo espazo céntrico e accesible.

0.19141578674316