"Comprométete con Lugo" anima a mercar no comercio local con agasallos en Fontiñas e A Milagrosa

A Asociación Axel desenvolverá o proxecto "Comprométete con Lugo 3", unha iniciativa apoiada polas subvencións do Concello de Lugo para proxectos de dinamización económica, coa que busca fomentar as compras no pequeno comercio da cidade.
A campaña contará con dous postos informativos e de promoción que se instalarán polas tardes. O primeiro estará o 18 de novembro na praza do KM 100 de Fontiñas e o segundo, o día 23, na praza da Milagrosa.
Os aneis serán os protagonistas da iniciativa como símbolo de compromiso co comercio local. As persoas que se acheguen a calquera dos postos e presenten un tícket de compra nun establecemento do pequeno comercio con data posterior ao 1 de novembro recibirán un agasallo de balde.