Concedido un préstamo para recuperar dous inmobles municipais en Barreiros

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A alcadesa de Barreiros, Ana Ermida, confirmou que lle foi concedido o préstamo de 713.
DSC_0704
28 Out 2020

A alcadesa de Barreiros, Ana Ermida, confirmou que lle foi concedido o préstamo de 713.828 euros para recuperar dous inmobles municipais, o teleclub de San Cosme de Barreiros e o edificio anexo ao Concello.

Así, "este préstamo será a devolver a 8 anos sen intereses e as obras deberán estar executadas en 4 anos", dixo Ermida, " poñerémonos canto antes cos pregos para a licitación no 2021".

O Concello posúe este inmoble, que a día de hoxe só é aproveitado parcialmente albergando a Aula Cemit e cesións en precario de zonas para usos puntuais.

O proxecto do teleclub contempla que na planta baixa estarían os servizos á poboación, conservando un espazo para o bar-cafetería, a distribución de espazos que permitise destinala a espazo comunitario de traballo, poñéndose a disposición de pequenas ou medianas empresas ou persoas físicas oficinas para o desenvolvemento das súas actividades laborais. O espazo contaría ademais cunha sala de reunións ou uso común para o servizo das oficinas alí instaladas, ademais dos aseos. Taamén se contempla a dotación dunha rampla exterior de acceso en cinco locais destinados a colectivos que poidan desenvolver actividade de calquera índole no municipio. 

Aa segunda planta do edificio estaría destinada a albergar espazos de uso netamente social, por medio da posta a disposición de locais para as distintas entidades sen ánimo de lucro.

Por outra banda, o edificio escola anexo ao Concello, convertir a casa consistorial e as escolas nun edificio único, que contaría cos servizos do Concello, a parte de arriba reconvertila en arquivo municipal e a parte de abaixo como salas multiusos para ser utilizadas coas diferentes actividades.

0.212082862854