Concello e CHMS asinan un protocolo para recuperar a contorna fluvial do Miño na zona de Fermín Rivera

LugoXa
Este convenio de colaboración permite avanzar na recuperación da contorna fluvial do Miño e a futura posta en valor dunha das zonas de maior actividade
convenio-CHMS-e-Concello-de-Lugo
9 May 2025

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, asinaron un protocolo de colaboración que permite avanzar na recuperación da contorna fluvial do Miño no termino municipal de Lugo, e, en especial, na zona de Fermín Rivera.

Ambos representantes institucionais amosaron a súa satisfacción pola sinatura deste acordo que supón dar os primeiros pasos para a futura posta en valor dunha das zonas de maior actividade das máis próximas ao canle fluvial e que atesoura un gran potencial.

Neste sentido, o rexedor lucense explicou que “hoxe damos os primeiros pasos para acometer a mellora dunha das zonas vinculadas ao río que dará continuidade a outras actuacións realizadas anteriormente e que favoreceron a posta en valor do entorno fluvial, que é, precisamente, unha das nosas sinais de identidade”.

Pola súa banda, o presidente da CHMS, salientou que este protocolo, paso previo ao convenio de colaboración, permitirá ao organismo de bacía a contratación dun estudo técnico de diagnose do estado do colector ubicado na rúa Fermín Rivera e, a partir de aí, redactar un proxecto que desenvolva a solución máis axeitada para evitar os actuais problemas de funcionamento do mesmo.

O protocolo de colaboración asinado tamén establece a constitución dunha comisión de seguimento, composta por un representante da cada organismo, encargada de impulsar o posterior convenio e a materializar a colaboración entre o Concello e o Organismo da Cunca.

⚙ Configurar cookies
0.16535806655884