Concellos da Terra Chá organizan un obradoiro sobre os riscos nos entornos dixitais

LugoXa | TerraChaXa
O encontro celebrarase o vindeiro mércores 28, en horario de 17.00 a 18.30 horas
curso-prevencion-riscos-entornos-dixitais
25 Oct 2026

O Servizo de Prevención de Condutas Aditivas da agrupación de concellos formada por Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza o obradoiro en liña de carácter gratuíto titulado "Falar protexe: Prevención de riscos en contornos dixitais". A actividade está dirixida a nais e pais dos municipios participantes para abordar a seguridade dos nenos, nenas e adolescentes no ámbito dixital.

O encontro celebrarase o vindeiro mércores 28, en horario de 17.00 a 18.30 horas. A formación será impartida de xeito telemático por persoal especializado da Unión de Asociacións Familiares (UNAF).

Ao longo da sesión trataranse temas clave como os dereitos da infancia no contorno dixital, as competencias dixitais parentais na prevención de riscos, a prevención do abuso sexual infantil en liña e a creación de contornos familiares seguros e participativos.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse previamente a través do formulario en liña dispoñible nas redes do concello. Para máis información, o Servizo de Prevención de Condutas Aditivas pon á disposición o correo electrónico prevenciondrogas@rabade.org e o teléfono 982 390 062 (María Barreiro).

0.15685200691223