Concerto de Primavera na Praza da Estación de Rábade este domingo

LugoXa | TerraChaXa
O evento contará coa participación da Banda Xuvenil das Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol
banda-sons-e-soños
21 Mar 2026

Este domingo 22 de marzo ás 12.00 horas celebrarase na Praza da Estación de Rábade o tradicional Concerto de Primavera, unha cita musical que cada ano reúne a numerosos veciños e afeccionados á música da contorna.

O evento contará coa participación da Banda Xuvenil das Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol, que actuará xunto coa Banda Sons e Soños nunha actuación conxunta pensada para dar a benvida á primavera cun repertorio variado e dirixido a todos os públicos.

A actividade está promovida tamén polo Concello de Begonte en colaboración co colectivo Musicocrisanto, e desenvolverase ao aire libre na céntrica praza rabadesa. A organización anima á veciñanza a asistir e desfrutar dunha mañá musical coincidindo co inicio da nova estación.

0.12197208404541