Condes, en Friol, celebra a tradicional Cea do San Martiño este sábado

LugoXa | TerraChaXa
O menú incluirá troitas, churrasco e pementos, unha proposta gastronómica clásica desta data
cea-san-martino-de-condes
3 Nov 2026

A parroquia de Condes celebrará o vindeiro 7 de novembro, ás 21:30 horas, a súa xa tradicional Cea do San Martiño, que terá lugar no local social da parroquia.

O menú incluirá troitas, churrasco e pementos, unha proposta gastronómica clásica desta data que reúne veciños e amigos arredor da boa mesa e do espírito festivo de San Martiño.

O prezo da cea será de 20 euros para socios e 25 euros para non socios.

0.15003800392151