Constituida a xestora do PP de Ribeira de Piquín

A xestora do PP da Ribeira de Piquín presidida por Jose Osorio Fernández Castro quedou constituída nunha reunión
Xestora ribeira de piquin
Xestora ribeira de piquin
21 Nov 2022

A xestora do PP da Ribeira de Piquín presidida por Jose Osorio Fernández Castro quedou constituída nunha reunión na que participou o coordinador xeral e portavoz provincial do PP, José Manuel Balseiro. A agrupación local ten como obxectivo “escoitar os problemas dos veciños para traballar polo noso concello”.

A dirección provincial continúa fortalecendo as agrupacións municipais con equipos de traballo para “ser alternativa nas vindeiras eleccións do 2023”. Neste sentido "agradécelle a todos os integrantes da xestora o seu compromiso de traballo pola Ribeira de Piquín”.  Despois de ser nomeado fai uns meses presidente da xestora, Castro deu a coñecer os nomes que conformarán o seu equipo de traballo: Alba Carrín Méndez, Marcos Pin Fernández, Óscar Díaz Gómez e Manuel Pedrosa Gacio.

O PP local traballará "co obxectivo de conseguir a alcaldía que sempre ocupou a formación popular ata os últimos sete anos". “Contamos cunhas persoas que se unen a un proxecto co que construír un mellor futuro para o noso concello”, manifestou Castro.

0.20389199256897