Contacontos e música esta fin de semana en Viveiro
O Concellería de Cultura do Concello de Viveiro organiza esta fin de semana varias actividades culturais, todas elas con aforos limitados e respectando os protocolos sanitarios.
O sábado, 26 de setembro, ás 12:00 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro, haberá o espectáculo de contacontos 'Contos de Michos', con Pedro Brandariz, mentres que pola tarde o Teatro Pastor Díaz será o escenario ás 18:00 horas de ‘Puño, Puñete’, de Baobab Teatro, con cantigas, contos e tradición oral.
Para pechar a xornada do sábado, actuará a Banda municipal de música O Landro ás 20.30 horas na carpa situada nos Xardíns Noriega Varela.
O domingo, chega a Viveiro Brassica Rapa, a primeira fanfarria galega 100% feminina. O concerto será ás 19.30 horas na carpa situada nos xardíns Noriega Varela.
Todos os espectáculos serán de balde pero con aforo limitado. Para reservar entradas e obter máis información, é necesario chamar ao 982 560 128.