Continúa a esta semana a programación para dinamizar o barrio da Milagrosa
Continúan as actividades enmarcadas dentro da campaña de dinamización do barrio da Milagrosa co propósito de poñer en valor o bo facer da actividade comercial e hostaleira deste barrio emblemático na cidade e cunha veciñanza exemplo de convivencia e confraternidade.
Neste senso, hoxe mércores 17 de maio, a Rúa Menorca acollerá a partir das 18.30h, unha sesión de contacontos a cargo de Cris de Caldas, dirixida para os máis cativos da casa. Está previsto tamén que, a Academia de Música Nova Escola, realice de 19.00h a 20.30h, un pasarrúas de música tradicional por todo o barrio.
Xa en xornada de fin de semana, terán lugar diversas actividades de ocio para tódolos públicos. O venres 19 haberá un Comercio na rúa, será en horario de 10:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00h no que participarán establecementos do barrio, de diversos sectores que ofrecerán descontos. O mago Roberto Lolo, realizará un espectáculo de maxia para público infantil e familiar das 19.00h ás 20.00h, na Praza da Milagrosa e, a partires das 21.00h, Marcos Peón realizará unha sesión DJ na Rúa Xulia Minguillón.
O sábado, de 18:00 a 20:30h, a Praza da Milagrosa acollerá un desfile de Moda e Perruquería que contará coa colaboración dos comercios do barrio e estará amenizado por Ritmo Lugo e a partires das 21:00, o Dúo Os Piñeiros actuará na Rúa Divina Pastora.
Programación 17, 19 e 20 de maio
MÉRCORES
- 18:30 a 19:30 h – Contacontos - Rúa Menorca.
- 19:00 a 20:30 h – Pasarrúas de música tradicional polo barrio. Academia de Música Nova Escola.
VENRES
- 10:00 a 14:00 h y 17:00 a 20:00 h – Comercio na rúa.
- 19:00 a 20:00 h – Maxia con Roberto Lolo. Praza da Milagrosa.
- 21:00 a 23:00 h – Sesión DJ: Marcos Peón. Rúa Xulia Minguillón.
SÁBADO
- 18:00 a 20:30 h – Desfile de Moda e Perruquería.Praza da Milagrosa.
- 21:00 a 23:00 h – Actuación musical, Dúo Os Piñeiros. Rúa Divina Pastora.