Continúa a fronte sindical no persoal do Concello de Lugo que reclama un millón de euros

LugoXa
Continúa a fronte sindical no persoal do Concello de Lugo que reclama un millón de euros por horas extra, axudas ou produtividades.
11 Abr 2024

Continúa a fronte sindical no persoal do Concello de Lugo que reclama un millón de euros por horas extra, axudas ou produtividades. Deste xeito, os grupos sindicais fan unha reclamación conxunta e trasladan demandas como a aprobación dun reglamento horario, revisar postos de traballo, axilizar a convocatoria de prazas, entre outras peticións.

CSIF, CC.OO., CIG, UGT, AFI-USO e SPPLB son os grupos que dan este paso e que deciden iniciar accións públicas para dar a coñecer a súa situación laboral. Ademais das reclamacións económicas, denuncian que se precisa abordar a carreira profesional e que a Relación de Postos de Traballo debería sufrir modificacións, xa que se aprobou fai máis de catro anos.

Aseguran que levan tempo dando a coñecer a problemática e que se precisa iniciar as negociacións, empezando pola convocatoria da mesa xeral de negociación. Deste xeito, danlle ao Concello de Lugo un prazo de tres meses para axustar as contas pois apoiánse no ninguneo e no abandono que perciben por parte do goberno municipal.

0.1525890827179