Continúa a posta en valor do viño e da gastronomía en Lugo
A actividade Aperitivo Maridaxe, incluída no programa Lucus In Vino Veritas 2021, agotou en menos de 24h o aforo. Lara Méndez incidiu na necesidade de promover actividades coma esta da que destacou "a súa capacidade para dinamizar outros sectores como o comercio, o turismo, o lecer ou a cultura".
O acto tivo lugar no Cei-Nodus ás 12.30h. Cinco Chefs da Asociación Cociñeiros Lugo, crearon 5 tapas especiais, cun coidado servizo realizado polos alumnos do CPR Fundación Belarmino Fernández Iglesias e maridado pola recoñecida catadora profesional Susana Barros.
A rexedora agradeceu á organización do evento Lucus In Vino Veritas 2021 o traballo levado a cabo para implicar a productores, catadores, hostalería, enólogos, críticos, sommeliers, amateurs e como non a preto de 30 adegas de toda Galicia, a estar nun acto que pon novamente a Lugo no mapa. “A cultura do viño está a vivir un momento de gran interese, converténdose ademais nunha actividade na que a práctica turística, enriquece e fortalece o aproveitamento de recursos do territorio, patrimonio cultural e medio ambiental. Os turistas, cada vez máis experimentados, presentan novas esixencias e motivacións e ante esta situación, dende o Concello seguiremos a impulsar este tipo de iniciativas, que amplían a oferta de opcións turísticas para visitantes que buscan vivencias de calidade, seguras, diferentes e en contornas naturais” destacou Méndez.
Os cinco chefs da Asociación Cociñeiros Lugo e Tapas Especiais que participaron foron: Michel Cociña, Alejandro Mendes (Os Cachivaches), Mar Orosa (Restaurante o Oviedo, Ribadeo), David Moledo, (Restaurante a Mirandilla de Rinlo) e Pablo Vila Cano, (Director alimentos e bebidas, Cadea OCA hoteis).