Continúa este martes a programación do Festival de Música do Corpus

LugoXa
Continua o Festival de Música Cidade de Lugo no Círculo das Arte co contratenor Lawrence Zazzo e orquestra barroca Tercia Realidad
portada festival de musica do corpus de lugo portada
portada festival de musica do corpus de lugo portada
29 may 2023

Este martes, 30 de maio o Círculo das Artes acolle un novo concerto dentro da programación do Festival de Música Cidade de Lugo.

O concerto dará comezo ás 20.30 e o contratenor estadounidense Lawrence Zazzo, xunto coa orquestra barroca con instrumentos orixinais Tercia Realidad, dirixida por Jorge Jiménez, abordará un programa centrado na música sacra de Vivaldi no que destaca o seu famoso Stabat Mater.

Inspirado no termo cervantino do século XVI “Tercia Natureza” que dá nome a unha terceira realidade onde a fantasía e o mundo real se encontran e se fusionan. Tercia Realidad é unha utopía creada por Jorge Jiménez na que a música se remonta ás súas orixes como linguaxe de expresión de emocións e sentimentos, así como fusión de personalidades, ideas e sons.

Programa:

Quando Corpus Morietur

  • Antonio Caldara (1670-1736): La Morte d’Abel – Sinfonia nº 3 para cordas en Fa menor
  • Domenico Scarlatti (1685-1757): “Cain Overo il Primo Omicidio” – Aria: “Perche Mormora Il Ruscello”
  • Antonio Vivaldi (1678-1741): Concerto para violín en Re Maior, RV 208
  • Antonio Caldara (1670-1736): Quel Buon Pastor Son io de “La Morte d’Abel”
  • Antonio Vivaldi (1678-1741): Introduzione Al Miserere “Filiae Maestae Jerusalem”, RV. 638
  • Antonio Vivaldi: Concerto para dous violíns ”Spartito” en Do menor, RV 510
  • Antonio Vivaldi: Stabat Mater, Rv 621

OUTROS CONCERTOS

O grupo historicista La Bellemont xunto coa soprano francesa Armelle Morvan ofrecerán os seus propios arranxos de corais luteranos do propio J. S. Bach e dalgúns dos seus predecesores máis influentes. A oboista galega Iria Folgado interpretará o concerto para óboe de Richard Strauss xunto coa Orquestra Sinfónica Vigo 430, dirixida por Vicent Alberola, que tamén abordará a Sinfonía nº 9 de Shostakovich xunto con unha obra de estrea do vigués Juan Eiras. A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) pechara o festival o 9 de xuño co que será un dos últimos concertos de Dima Slobodeniouk como o seu director titular, con un programa adicado a sinfonías de Mozart e Schubert.

Todos os concertos celebraranse no Círculo das Artes de Lugo agás o da pianista Noelia Rodiles, que terá lugar no Conservatorio de Música Xoán Montes. Serán con entrada de balde ata completar a cabida. O Festival de Música Cidade de Lugo está organizado pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación (Area de Cultura) e da Sociedade Filharmónica de Lugo.

Cartaz semana musica corpus lugo