Continúa o descenso da covid en toda a comarca e sobe máis nas Pontes

TerraChaXa | LugoXa
A provincia de Lugo continúa coa súa tendencia a baixa e chega aos 470 casos activos de covid-19, 16 menos que onte.
covid 19 (7)
15 Dec 2020

A provincia de Lugo continúa coa súa tendencia a baixa e chega aos 470 casos activos de covid-19, 16 menos que onte. Este dato vén condicionado coma sempre polos 10 novos positivos (onte foron 18) e polas 28 altas. Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.652 e 6.041 curados. Por outra banda, tamén faleceu un novo paciente e xa son 140 as persoas que perderon a vida na provincia dende que comezou a pandemia.

A hospitalización mantense estable cun ingresado menos. Seguen 6 os ingresados na UCI e 20 persoas en planta (unha menos que onte). No Hula hai 12, 3 na Mariña (un menos) e 5 no de Monforte.

Por concellos, en Vilalba segue baixando a incidencia acumulada a 44 nos últimos 14 días (3 menos que onte). Cospeito tamén rebaixa o seu número acumulado de casos a 17, tres menos que onte. Este concello era o que tiña a incidencia por número de habitantes máis elevada da comarca.

Pola contra, Meira, Muras, Abadín, Riotorto, Friol, Begonte e Pol non rexistraron ningún positivo nos últimos 14 días.

Na veciña As Pontes a situación segue sendo moi preocupante e volve subir a incidencia un día máis a 131 novos casos en 15 días, 6 casos máis que onte.

Tanto Vilalba como As Pontes continúan en alerta máxima con peche permiteral e da hostalaría a partir das 17.00 horas, así como 50% de aforo no exterior con agrupacións dun máximo de 4 persoas.

0.07974100112915