Continúan durante novembro as actividades da festividade de Santos no Cemiterio

LugoXa
O Concerto da Lembranza terá lugar mañá a partir das 19:30 no Cemiterio, e contará coa cantautora Paloma Suanzes
Cemiterio lugo ruben arroxo
10 Nov 2021

A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, lembrou que continúan as actividades do Cemiterio Municipal pola festividade de Santos. As actividades continúan esta semana co Concerto da Lembranza, que terá lugar mañá, 11 de novembro, a partir das 19:30 horas. Contarase coa cantautora Paloma Suanzes, e durante a actividade levarase adiante unha queima de mensaxes.

Durante este mes retomarase a interpretación de Don Juan Tenorio, que terá lugar o día 28 ás 19:00, correndo a cargo de Palimoco Teatro, mentres que a lectura dramatizada por nenos e nenas de Malala Teatro e da Escola Palimoco de Teatro, Don Juanín, será o día 17, a partir das 19:00. Ambas actividades estarán limitadas a 100 prazas, para o que será preciso recoller entrada na oficina municipal de turismo


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.23266410827637