Continúan os concertos do programa Muralleando en Lugo

LugoXa
Continúa a programación de Muralleando 2021, esta vez, coa actuación de Iria Estévez o vindeiro venres 20 de agosto.
carpa praza soidade lugo mercado tradicional
15 Ago 2021

Continúa a programación de Muralleando 2021, esta vez, coa actuación de Iria Estévez o vindeiro venres 20 de agosto. Desta maneira, a praza da Soidade acollerá á cantante galega que conta cun amplo percorrido e que comezaba a súa andaina nos escenarios no ano 2010.

Ao longo destes anos levou a súa voz a escenarios de toda a xeografía peninsular e cantou con artistas como Uxía Senlle ou Sebastiao Antúnes, Sergio Tannus, Ramil, as fadistas Liliana Macedo e Adriana Moreira ou A banda dá Loba (entre otras e outros grandes artistas) . Nesta ocasión regresa á esencia acompañada de Gonzo piña con FADO, presentando distintos estilos de fado, cantiga en galego e outras músicas, que beben do fado.

O concerto celebrarase ás 20.30 e a entrada é de balde. Así mesmo, este programa ten como obxectivo animar con música os distintos paseos das veciñas e veciños ao redor da Ronda da Muralla e ao mesmo tempo colaborando co tecido cultural local.

0.19296884536743