Continúan os ensaios cun bioherbicida para eliminar a vexetación da Muralla de Lugo

LugoXa
Estes días seguiron as probas nas catro cuadrículas delimitadas xunto ao cubo LXXI, fronte ao edificio administrativo da Xunta
Bioherbicida-Muralla-Lugo
30 Nov 2024

A Xunta continúa os ensaios cun bioherbicida a base de ácido pelargónico para eliminar a vexetación da Muralla de Lugo.

O delegado territorial, Javier Arias, lembrou que se está a testar un método de limpeza natural, respectuoso coa fauna e o medio ambiente e adecuado para calquera época do ano.

Estes días seguiron as probas nas catro cuadrículas delimitadas xunto ao cubo LXXI, fronte ao edificio administrativo da Xunta. O procedemento está a ser supervisado por especialistas e unha vez que se valore a súa súa efectividade e incidencia sobre os muros, se os resultados son positivos estenderase a lenzos enteiros durante a próxima primavera.

A última fase consistiría en aplicala sobre todo o perímetro, de cara ao próximo outono, e propoñer a súa incorporación aos protocolos de mantemento.

A medida forma parte do Plan Director para a conservación do Monumento, igual que a limpeza cos métodos manuais tradicionais, que se planifica cada ano respectando os períodos de nidificación dos cirrios nos paramentos.

 

0.17954587936401