Continúan os videofaladoiros de Nordés do Vicedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
21 May 2020

O próximo videofaladoiro de Nordés será o sábado 23 ás 19.00h. e terá o título de Memoria esquecida. A nosa arte rupestre.

Estará a cargo de Luís Leclere, membro fundador do Colectivo A Rula, asociación conformada para a procura da conservación e valoración social dos petróglifos, prestando especial atención aos da comarca de Santiago.

Os petróglifos do noroeste peninsular constitúen un dos focos de arte postpaleolítico europeos de maior interese. A pesares disto, na actualidade, a súa conservación está en grave risco. O abandono da explotación económica de boa parte dos nosos montes, os lumes periódicos ou a xeralización do emprego de maquinaria pesada nas tarefas forestais son os principais factores que poñen en perigo a súa supervivencia. De xeito que tódolos anos estamos a vivir a desaparición de estacións coñecidas xunto a segura desaparición doutras que non o son. A todo isto únese a falta dun catálogo de xacementos completo, a grandes lagoas na prospección en moitas zonas de Galicia e a deficiente descrición dos paneis o que conflúe nun coñecemento moi limitado desta manifestación cultural que, a pesares destas limitacións, ten sido asumida como un elemento importante da nosa identidade como pobo.

Como ata agora, temos dúas opcións para escoitar a Luís Leclere: a través do Jitsi Meet, onde podedes interactuar directamente, previa anotación; ou en directo na canle de Youtube o mesmo sábado.

É preciso anotarse en asociacion.nordes@gmail.com ou enviando unha mensaxe/chamar ao 620 417 848 (Luis). Tedes ata o venres 22 de maio ás 14:00 horas. Ese mesmo día os participantes recibirán un enlace para participar na charla.

Ademáis, o venres ás 19:30h. faremos unha proba de conexión para ver que todo funciona correctamente. A segunda opción é a través da nosa canle de Youtube, en directo ou diferido: https://youtu.be/ZWMTTzxzsFc


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1804051399231