Conturiz acolle unha charla sobre prevención de roubos en vivendas e ocupacións

LugoXa
A xornada, aberta a todas as persoas interesadas, celebrarase o luns 9 de febreiro no local social da parroquia
charla-local-social-Conturiz
7 Feb 2026

A Asociación Cultural Lugo Sur Conturiz propón este luns 9 de febreiro unha iniciativa centrada na seguridade doméstica, co obxectivo de ofrecer á veciñanza ferramentas prácticas para previr roubos e ocupacións. A actividade consistirá nunha charla informativa que será impartida por Rubén Darío e Julio Jato, expertos en prevención de delitos en vivendas.

O encontro terá lugar ás 20:00 horas no local social de Conturiz, na parroquia de Lugo, e está aberto a todas as persoas interesadas, que poderán asistir de balde. Os organizadores destacan a importancia de concienciar á comunidade sobre medidas de protección e prevención, así como de fomentar hábitos que permitan reducir riscos e garantir a seguridade nos fogares.

Esta charla enmárcase dentro do labor da Asociación Cultural Lugo Sur Conturiz de promover actividades educativas e de interese social, proporcionando espazos de encontro onde a veciñanza poida compartir experiencias e coñecementos que melloren a calidade de vida dos cidadáns.

⚙ Configurar cookies
0.080554008483887