Convocadas 33 prazas de emprego público no Concello de Lugo

LugoXa
26 seguirán un concurso de oposición libre e o acceso ás 7 restantes será por promoción interna
Imaxe do Edificio de Servizos Administrativos do Concello de Lugo
Oficinas municipais de Lugo
11 Xuño 2024

O Concello aprobou inicialmente o proxecto de oferta pública de Emprego do 2024 polo que convocará 33 prazas. O edil de Economía e Recursos Humanos, Pablo Permuy, avanzou hoxe que “a 26 delas se poderá acceder mediante concurso de oposición libre e as 7 restantes serán de promoción interna. Así mesmo, o responsable da área de Recursos Humanos, quen agradeceu a colaboración e o traballo realizado, destacou o consenso recibido pola proposta do Executivo de Paula Alvarellos. “Saiu adiante co apoio maioritario das forzas sindicais representadas na Mesa de Negociación, agás Comisión Obreiras”, indicou o edil.

Así, na OPE deste exercicio contémplase a cobertura de vacantes existentes na Brigada de Parques e Xardíns, Medio Rural, diferentes postos administrativos, prazas da Policía Local e Bombeiros, así como varios existentes nos diferentes centros cívicos como os de traballador/a social ou ordenanza. “O obxectivo é abordar as necesidades máis urxentes detectadas nos diversos servizos, garantir as cadeas de mando e mellorar a eficacia dos diferentes departamentos, o que sen dúbida redundará nunca mellor atención cidadá. A nosa pretensión foi aproveitar, ao máximo posible, a capacidade das taxas de reposición que, para algúns sectores chegan ao 120 e 125%”, engadiu Permuy Villanueva.

Durante a mesa de negociación celebrada esta mañá no Salónde Plenos da Casa Consistorial abrodarónse tamén outros asuntos de interese, como a modificación da RPT ou abonamento das horas extras, aspecto que o Goberno local leva meses axilizando. Facemos un balance moi positivo desta reunión. Existe maioritamente unha votadaste de colaborar e chegar a acordos e este entendemento está a dar os seus froitos. Deste xeito, a OPE 2024 inicia o proceso administrativo e de fiscalziación para ser aprobada en Xunta de Goberno local. Así, estamos a cumprir a folla de roteiro marcada cos sindicatos de, unha vez rematadas as convoatorias de emprego público pendentes, abordar a modificación da Relación de Postos de Traballo, que será o vindeiro asunto a tratar”, concluíu o concelleiro.

0.17075610160828