Convocado un concurso para escoller o cartel da Maruxaina

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
15 Abr 2020

A Asociación Amigos da Maruxaina vén de convocar un concurso de carteis para a Maruxaina 2020, declarada de Interese Turístico.

O prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 30 de abril e as bases podense consultar no,  Facebook da asociación ou na Casa da Cultura de San Cibrao.

Poderán participar todas as persoas que o desexen, agás os membros da directiva da asociación e poderán presentar un máximo de dúas obras.

A obra deberá incluír o texto Maruxaina, San Cibrao 8 de agosto e declarada de Interese Turístico Galego.

O tamaño do orixinal será A4, sempre en posición vertical, en branco e negro e non hai normas para o tipo de letra empregada.

Os carteis presentaranse en tamaño orixinal, sen firma do autor e baixo un lema acompañado dun sobre pechado en cuxo interior estarán os datos. O lugar de entrega das obras será a Casa da Cultura de San Cibrao.

Haberá un premio de 150 euros para o cartel gañador que será a imaxe da festa e entregarase o día 7 de agosto. O xurado estará composto por 10 persoas, que son as que compoñen a directiva a Asociación Amigos da Maruxaina e o fallo farase público o 17 de maio.

0.1379029750824