Convocan en Lugo unha concentración en defensa da sanidade pública no rural

Colectivos veciñais e persoas defensoras dos servizos públicos convocan para o vindeiro xoves 21 de maio de 2026 unha concentración en Lugo baixo o lema “Sanidade Pública no rural”.
A protesta terá lugar ás 11.00 horas diante do edificio da Xunta de Galicia e busca reivindicar unha sanidade pública accesible, próxima e de calidade para as zonas rurais, especialmente na comarca dos Ancares.
As persoas organizadoras fan un chamamento á cidadanía para participar nesta mobilización e reclamar melloras na atención sanitaria, así como máis recursos e servizos que garantan unha cobertura digna para a poboación do rural.
A convocatoria pretende tamén visibilizar as dificultades ás que se enfrontan moitas persoas residentes en áreas rurais para acceder a consultas médicas, especialistas e servizos básicos de saúde.