Coordinan o dispositivo de seguridade para o 48º Rally San Froilán

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
A Xunta Local de Seguridade reuniuse para planificar o control do tráfico, os accesos e a protección dos participantes e espectadores na proba, que se disputará os días 16 e 17 de outubro
Xunta-local-seguridade-Rally-San-Froilán-26
13 Oct 2026

A celebración do 48º Rally San Froilán, previsto para os días 16 e 17 de outubro, contará cun dispositivo coordinado entre as Forzas e Corpos de Seguridade, os servizos de emerxencias e a organización da competición. A planificación abordouse esta mañá na Xunta Local de Seguridade, presidida pola subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López.

Na reunión participaron representantes da Garda Civil, do Subsector de Tráfico, da Policía Nacional, da Policía Local de Lugo, de Protección Civil e dos Bombeiros, ademais de membros da Escudería Miño, da Deputación Provincial, do Concello de Lugo e dos municipios polos que discorrerá a proba.

Os asistentes analizaron as necesidades de cada treito, a regulación da circulación nas estradas afectadas, os cortes de tráfico e o control dos accesos ás zonas de competición. Tamén se abordaron os mecanismos de coordinación entre os efectivos de seguridade e os servizos de emerxencias para facilitar unha resposta rápida ante posibles incidencias.

O dispositivo prestará especial atención aos puntos nos que se prevexa unha maior concentración de público, co obxectivo de reducir riscos e garantir tanto a protección dos espectadores como o correcto desenvolvemento da competición.

Olimpia López incidiu na importancia da colaboración entre as administracións, os corpos de seguridade e a organización para atender as necesidades dunha cita que reúne cada ano milleiros de afeccionados. "É fundamental anticipar posibles incidencias para ofrecer respostas eficaces ante calquera situación que se poida producir durante a proba", sinalou.

Antes da competición, o Rally San Froilán celebrarará a súa presentación oficial o mércores 14 de outubro, ás 18.00 horas, na praza de San Marcos. A proba será a penúltima puntuable para o Campionato Galego de Rallys de Asfalto.

0.14767909049988