'Corcosendo, a memoria das costureiras da Ulloa' pode volver a visitarse no Castelo de Pambre

LugoXa
Trátase dun proxecto antropolóxico e artístico que busca revitalizar a memoria das costureiras da comarca da Ulloa
corcosendo
5 Out 2024

Corcosendo, a memoria das costureiras da Ulloa, exposición do proxecto da Sección de audiovisuais e rexistro fotográfico do IEU coordinado por Patricia Coucheiro, Sara Coello, Antía Montes e Susana Varela, foi inaugurada na igrexa de Vilar de Donas, en Palas de Rei, o 23 de decembro de 2023, financiada polo IEU e polo Ministerio de Igualdade.

Posteriormente, o 18 de maio de 2024 realizouse outra instalación da mesma exposición no Pazo de San Marcos de Lugo coa axuda da Rede de Museos da Deputación de Lugo, na que se presentou a aplicación móbil de xeolocalización “Arquitecturas da Memoria”. E Corcosendo volve á Ulloa  coa inauguración dunha nova instalación da exposición no Castelo de Pambre, que permanecerá aberta ata o 16 de novembro.

Trátase dun proxecto antropolóxico e artístico que busca revitalizar a memoria das costureiras da comarca da Ulloa, poñendo en valor non só o oficio, senón tamén o seu traballo como forma de expresión artística e actividade creativa que forma parte do patrimonio cultural.

0.18509197235107