Corrixen a desfeita denunciada nuns petróglifos na parroquia friolesa de Guimarei

TerraChaXa | LugoXa
23 Out 2020

O Colectivo Patrimonio dos Ancares anunciou que foron solventados os danos causados nuns petróglifos, catalogados dende o ano 1997, do Monte das Lamas, na parroquia de Guimarei, no concello de Friol, tras unha denuncia feita ante a Xunta de Galicia. Estes restos contan con máis de 20 cazoletas unidas por trazos curvos e rectos, coviñas con semicírculos e cruciformes.

A denuncia explicaba que sobre a pena coas gravuras despositaran gran cantidade de pedras que, ademais de tapar os motivos, podían danalos gravemente.

O Servizo de Xestión Cultural da Consellería de Cultura en Lugo requeriu aos propietarios da parcela onde se atopan a retirada das pedras, traballo que baixo a supervisión dos servizos técnicos de arqueoloxía de Patrimonio se realizaron o pasado 13 de outubro, sen que os petróglifos sufriran alteracións.

0.17440605163574